Un dos proxectos nos que participei que máis satisfaccións me deu foi O Labirinto dos Soños, un traballo para rapaces que comezou sendo un conto e deu de si un cd-rom interactivo, un espectáculo teatral en Portugal, outro musical en Galicia e un proxecto audiovisual de animación 3D.
Levo toda a vida dedicado a actividades creativas, máis ou menos artísticas, que implican máis de un medio de expresión para contar unha historia ou transmitir unha idea (música, teatro, audiovisuais, literatura).
O Labirinto achegoume por vez primeira á
creación para rapaces e deume o convencemento de que
é
necesaria a creación de contidos culturais utilizando os novos
medios e nun soporte, o
dixital, que é e será o entorno natural das
actividades
comunicativas das novas xeracións.
É a miña intención que este ALFABETO MUSICAL sexa o primeiro traballo dunha serie, tamén dirixida a outras idades, que teña como propósito, por unha banda, crear eventos divertidos e educativos ao mesmo tempo e, por outra, elaborar proxectos nos que o multimedia, como forma de expresión, sexa a solución creativa máis adecuada.
